Inicio Carballo ao día Hemeroteca A xunta local de seguridade confirma o descenso...

SEGURIDADE

A xunta local de seguridade confirma o descenso xeralizado da delincuencia durante 2006

Xoves 8 de febreiro do 2007

Segundo os datos facilitados na xunta local de seguridade, o descenso en delitos contra o patrimonio descendeu, o ano pasado, nun 36,71%. En relación á sustracción de vehículos, o descenso foi dun 73,91%, mentres que a sustracción no interior dos vehículos baixou nun 14,36%. Os roubos con forza nas cousas descenderon un 44,51%, mentres que os roubos con violencia/intimidación tamén baixaron un 16,67%. Os hurtos ascenderon nun 48%, mentres que a sustracción por tirón baixou un 33,3%. Son os datos máis relevantes dunha xuntanza na que os presentes volveron a insistir na necesidade da apertura dunha comisaría de Policía Nacional en Carballo e a conveniencia de facer unha nova Casa Cuartel para a Guardia Civil.

Compartir: