OBRAS PÚBLICAS
O Concello someterá a información pública o anteproxecto de construcción e explotación da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias
Xoves 8 de febreiro do 2007
No novo anteproxecto, aprobado provisionalmente a finais do mes de xaneiro e remitido este xoves ao Concello de Carballo, o trazado no treito Baio-Berdoias deberá adaptarse á tipoloxía dunha futura autovía, contemplándose técnicamente o desdobramento do corredor durante a vixencia do contrato concesional. No primeiro treito, Carballo-Baio (corredor), mantense íntegramente o trazado desenvolvido no anterior anteproxecto. No segundo treito, Baio-Berdoias (corredor), a nova sección elexida non implica modificacións de trazado significativas, mantendo prácticamente o trazado do anterior anteproxecto. Xa na fase de desdobramento en autovía, tampouco supón variacións destacables en canto á ocupación de terreos, respecto á sección de vía para automóbiles que se plantexaba no anterior anteproxecto.