Inicio Carballo ao día Hemeroteca A xunta local de seguridade analizará os...

CONVOCATORIA

A xunta local de seguridade analizará os datos do pasado exercicio na xuntanza do xoves

Mércores 7 de febreiro do 2007

A xunta local de seguridade incidirá en aspectos como a necesidade de denunciar por parte dos afectados para facilitar a actuacións das forzas de seguridade, ademáis de incrementar os medios en toda a Costa da Morte para facer máis efectivo o servizo. Segundo o avance ofrecido pola comisión especial de seguridade, a evolución da delincuencia en Carballo foi positiva durante o ano pasado. A reunión da xunta local de seguridade é a primeira logo da posta en funcionamento do terceiro xulgado, unha das reivindicacións da propia xunta, xunto coa apertura dunha comisaría de Policía Nacional.

Compartir: