Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle unha nova...

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle unha nova exposición de pintura

Mércores 7 de febreiro do 2007

A exposición En liña discontinua sucede á mostra Nazón de Breogán, que se pode visitar no Pazo da Cultura até o vindeiro sábado, 10 de febreiro. Esta exposición quere explicar por que cantamos no himno galego á nazón de Breogán e mesmo por que temos himno, ademáis doutros aspectos como o feito de que hai 70 anos xa se tivo un Estatuto de Autonomía, por que Galicia deixou de ser reino e outros moitos porqués para unha mostra que servirá para alentar a curiosidade polo coñecemento histórico e polo descubrimento do noso pasado. A exposición Nazón de Breogán preséntase baixo o lema Un xeito de soñar Galicia.

Compartir: