Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para participar no Enterro da...

CULTURA

Aberto o prazo para participar no Enterro da Sardiña do Antroido 2007

Mércores 7 de febreiro do 2007

Co obxectivo de fomentar a participación de grupos e comparsas no Enterro da Sardiña, o Concello de Carballo establece 10 subvencións de 50 euros cada unha, ás que poderán concorrer todos aqueles grupos de nenos/as e/ou adultos compostos por un mínimo de 5 persoas, ataviadas coas roupas e obxectos propios dunha comitiva fúnebre para acompañar o enterro da sardiña. Para participar nesta convocatoria e ter opción a unha das 10 subvencións, que se otorgarán por rigoroso orde de inscrición, será preciso anotarse, até o 16 de febreiro, na Concellería de Cultura situada no Pazo da Cultura. O día 20 de febreiro poderanse anotar os interesados na Casa do Concello, de 20,00 a 21,00 horas. Todos os grupos inscritos deberán estar presentes ás 20,45 horas na Praza do Concello para confirmar a súa inscrición e participación. O pago da subvención realizarase ao remate da actividade na Casa do Concello. No caso de que algún dos dez primeiros grupos inscritos non participase, a subvención correspondente a este otorgaráselle ao seguinte grupo.

Compartir: