XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Concedidas licenzas para a construcción de novos edificios en Carballo
Luns 5 de febreiro do 2007
A Xunta de Goberno Local adxudicou, ademáis, varias obras, como a Rede de saneamento en Añón, 1ª fase, parroquia de Berdillo , cun prazo de execución de catro meses, e a Rede de saneamento en Zarrallo, 1ª fase, parroquia de Sofán, cun prazo de tamén catro meses. Ademáis, declarouse deserto o procedemento negociado sen publicidadr da obra Cerramento de nave nº2 da Casa dos Oficios. No capítulo de convocatoria de subvencións, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a realización de Cabalgatas de Reis 2007, as bases para ANPAS de alumnos de escolas, colexios e institutos de Carballo para a realización do programa de actividades 2007, as bases as esescolas ou colexios de 2º ciclo de edicación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria para a realización de viaxes escolares 2007 e as bases de participación no enterro da sardiña 2007. Aprobouse, igualmente, o programa do Antroido 2007, o programa Literactúa 2007 e as bases do III premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, do que se abrirá o prazo de admisión de artigos o 1 de marzo. A Xunta de Goberno Local deu conta, ademáis, do convenio específico de colaboración entre o Concello de Carballo e a fundación para a Orientación profesional, Emprego e Formacións en Galicia (FORGA) para a realización de prácticas tuteladas de alaumos/as, da prórroga do convenio de colaboración suscrito en xullo de 2004 polo Concello de Carballo, Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de A Coruña e o Consejo Superior de Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de España para a implantación do programa Servicio de proximidad para la pequeña y mediana empresa, e da acta de cesión en propiedade de material de intervención propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do Concello de Carballo e de material de primeiros auxilios e desfibriladores semiautomáticos, aos concellos e mancomunidades de concellos galegos propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do Concello de Carballo. A Xunta de Goberno Local autorizou tamén cinco licenzas de vaos permanentes nas rúas Mahón (3), Gran Vía e Río Sil.