Inicio Carballo ao día Hemeroteca O cónsul do Uruguai atendeu aos...

ASESORAMENTO A INMIGRANTES

O cónsul do Uruguai atendeu aos cidadáns uruguaios da comarca en Carballo

Luns 5 de febreiro do 2007

A visita do cónsul vénse facendo periodicamente nos últimos tempos. En Carballo, o número de cidadáns residentes nacidos no Uruguai foi en aumento durantes estes últimos anos. O consulado ofrécelle aos interesados un servizo de asesoramento xurídico, sobre contratos, permisos de residencia, visados e información en xeral sobre calquera outro tipo de xestión consular. O Concello, co obxectivo de garantir ese servizo, habilita unha das salas do Pazo da Cultura para que o cónsul poida solucionar estas xestións en Carballo.

Compartir: