SERVIZOS SOCIAIS
Asinado o novo contrato para o asesoramento a inmigrantes e emigrantes retornados
Luns 5 de febreiro do 2007
Ademais do aspecto individual, o asesoramento legal compleméntase con charlas, conferencias ou foros destinados á colectividade. Un dos obxectivos que persegue este servizo, ademáis, é o de coñecer a situación do inmigrante e emigrante e as necesidades deste colectivo. Tamén hai outros como o apoio integrado a procesos educativos, a sensibilización social ou a potenciación do multiculturalismo. O servizo de asesoramento legal a inmigrantes e emigrantes retornados préstase os luns pola mañán e os xoves pola tarde.