OBRAS
Comezadas as obras de ordenación e urbanización da praza municipal en Bértoa
Venres 2 de febreiro do 2007
A pista deportiva que existe na actualidade manterase, mentres que a marquesina actual sustituirase por unha de madeira de flandes, tratada en autoclave para parada de bus. Os traballos de xardinería consistirán na prantación de prantas arbustivas de tipo ornamental. A obra contempla a dotación de beirarrúas desde a ponte até a praza, sendo o ancho das mesmas de 1’50 metros mínimo, chegando aos 4 metros nas zonas que se corresponden á marxe dereita desde a ponte cara á praza. Ademais, a zona verde axardinada dotarase de senderos de losas de pezas de pizarra e executarase unha pavimentación de firme na zona afectada en aparcamentos.O obra contempla tamén a dotación de rede de riego, rede de pluviales e rede de alumeado público. O orzamento de execución por contrata ascende a 251.381’14 euros, sendo o prazo de execución de mellora de seis meses. O Concello de Carballo segue a política de dotar as parroquias e zonas rurais de equipamentos, co fin de conseguir un equilibio entre esta zona e a urbana. A actuación en Bértoa sucede a outras como a realizada na praza de Outón, e precede a algunha máis prevista neste sentido, como é a de Ramil.