Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Consello Escolar de Galicia dase a...

ENSINO

O Consello Escolar de Galicia dase a coñecer en Carballo

Xoves 1 de febreiro do 2007

A vicepresidenta do Consello Escolar de Galicia manifestou, antes de reunirse con representantes dos centros educativos de toda a comarca, que o obxectivo do Consello é o de mellorar a cualidade da educación a través do fomento da participación de todos os axentes implicados. Así, apuntou a necesidade de tender pontes entre os consellos a tres niveis -galego, municipal e do centro educativo-, aproveitar a entidade autonómica como canle de comunicación e coñecer e solucionar os problemas dos membros da comunidade. Milagros Blanco considera fundamental o papel das familias para conseguir que o servizo o cumpra o seu obxectivo, defendendo a educación como un factor de compensación social. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, abogou por fomentar a convivencia para a planificación educativa. No acto, celebrado no Pazo da Cultura, tamén estiveron presentes o asesor Xosé Anxo Seoane, e a concelleira de Ensino, Belén Lendoiro.

Compartir: