INDUSTRIA
Xa é posible solicitar espazo no Viveiro de Empresas do polígono industrial de Bértoa
Martes 30 de xaneiro do 2007
O Viveiro de Empresas de Carballo conta cunha supreficie de 780 metros cadrados e acollerá a 18 emprendedores e empresarios. Está especialmente deseñado para acoller empresas de nova creación durante os primeiros anos de vida e nel os emprendedores poderán dispor dunhas instalacións e servizos adaptados ás súas necesidades, proporcionándolles a cobertura básica que lles permita por en marcha o seu negocio e mellorar as súas expectativas de supervivencia empresarial. A Cámara de Comercio de A Coruña, coa posta en funcionamento do Viveiro de Empresas, pretende que o emprendedor non parta só dunha idea brillante. De momento, fixéronse xa catro cursos de formación de emprendedores, cun total de 85 persoas, e a Cámara ten outros dous en marcha que facilitarán que, durante este ano, pasen 120 emprendedores. Para entrar no Viveiro de empresas convocarse un corcurso durante o mes de febreiro. Ademais, o director xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Gonzalo Ortiz, avanzou que a Xunta de Galicia podería contribuir coa instalación dun horto fotovoltaico que suministre enerxía alternativa ao Viveiro.