CONVOCATORIA
A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria
Luns 29 de xaneiro do 2007
A orde do día complétase coa declaración do proxecto da Asociación ASPABER de creación dun centro de día como de interese supramunicipal, unha rectificación da inscrición no Inventario de Bens e dúas mocións dos grupos municipais do CDI e PP. A sesión completarase co seguimento de Órganos de Goberno, coas resolucións da Alcaldía, acordos da Xunta de Goberno Local e o turno de rogos e preguntas.