Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para incribirse con Concurso de...

CULTURA

Aberto o prazo para incribirse con Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas

Luns 29 de xaneiro do 2007

A inscrición pode realizarse, para comparsas e carrozas, desde o 29 de xaneiro até o 16 de febreiro. Para grupos, parellas e individual, o prazo vai desde o 20 de xaneiro até o 18 de febreiro, ás 17,00 horas. A inscrición realizarase, en ambos casos, na Concellería de Cultura, situada no Pazo da Cultura, de 10,00 a 14,00 horas. Pode chamarse, para máis información, ao número 981704300. O concurso establece as categorías de infantil (comparsas, grupos e individual), adultos (carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual) e infantil ou adultos (premio especial ‘Choqueiro de Bergantiños’). Todas as categoríás terán premio económico, que oscila entre os 30 euros o menor e os 450 euros o máximo. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios se considera que os participantes non reúnen a calidade precisa. Co obxectivo de formentar a participación, concederáselle unha subvención de 150 euros ás comparsas de categoría infantil e adultos e de 250 euros a cada unha das carrozas. Concederanse un máximo de 25 subvencións.

Compartir: