Inicio Carballo ao día Hemeroteca O teatro, protagonista da fin de semana do...

CULTURA

O teatro, protagonista da fin de semana do programa dos Venres Culturais

Venres 26 de xaneiro do 2007

A raíña da beleza de Leenane estreouse no mes de febreiro de 2006, sendo un dos maiores éxitos da última temporada do teatro galego, tanto de público como de crítica. Conta unha intensa historia de amor e de suspense na que se enfrontan dúas formas de vida incompatibles. A emigración, o desexo, o paso do tempo e a soidade mestúranse con certas doses de humor. Teatro do Atlántico presenta unha coidada producción baseada nunha pequena obra mestra dun dos actuais escritores que está marcando o camiño do teatro europeo, Martin McDonagh.

Romeo y Julieta presenta a historia de amor universal entre os seus dous protagonistas, un fermoso e divertido espectáculo musical no que se versiona o texto clásico, a través das discusións entre autor e personaxes, que se negan a admitir o seu tráxico destino.

O prezo ordinario da entrada, para cada unha das representacións, é de 3,5 euros. O prezo reducido é de 2,5 euros para maiores de 65 anos, menores de 12 anos e estudantes, que deberán acreditar debidamente a súa circunstancia espeial. Poden reservarse as entradas no teléfono 981704300 ou na Concellería de Cultura, situada no Pazo da Cultura.

Compartir: