CULTURA
Miguel Ángel Santos abre o ciclo ‘Aprender para Educar’
Xoves 25 de xaneiro do 2007
Miguel Ángel Santos ofrece unha conferencia que leva por título A favor da escola, unha ollada á nosa sociedade e a necesidade dunha educación de calidade para a totalidade da poboación en idade escolar, que garanta o acceso ao saber a todos os nenos e nenas e xóvenes. O programa Aprender para Educar pretende facilitar as ferramentas para que pais e nais adquiran novos coñecementos, revisen as súas actuacións e , en definitiva, aprendan. O ciclo, logo desta primeira conferencia, reanudarase o 2 de febreiro cunha charla da psicopedagoga Mercedes Mourenza.