XUVENTUDE
O Concello intégrase na rede galega de locais de ensaio
Mércores 24 de xaneiro do 2007
Rubén Cela visitou eses locais de ensaio acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, o concelleiro de Servizos e Mantementeo, Luis Lamas, e o concelleiro de Xuventude, Manuel Pan. A rede galega de locais de ensaio prevé a apertura de preto de corenta locais de ensaio até o ano 2008. Ademais, está prevista a creación dun portal web no que estarán todos os grupos e mesmo poderán achegar os seus temas a través da rede. Na actualidade, once formacións musicais de Carballo estána utilizar as instalacións do Pazo da Cultura para os seus ensaios.