ARQUIVO
O Concello recibe o arquivo de fotos, postais e documentos do historiador Xan Fraga
Martes 23 de xaneiro do 2007
O arquivo de Xan Fraga inclúe máis de dúas mil imaxes que, desde mañán, pasarán a estar a servizo dos cidadáns. O acto servirá para presentar ese novo espazo do arquivo municipal, que leva funcionando desde o verán do ano 2006. Uns minutos antes, o alcalde de Carballo recibirá a Xan Fraga na Alcaldía da Casa do Concello. No arquivo municipal están ordenados e inventariados todos os documentos xerados polo Concello desde o ano 1820. A intención do grupo de goberno agora é facilitar o acceso dos investigadores a toda esa información.