Inicio Carballo ao día Hemeroteca Seiscentos escolares de Carballo participan dunha...

MEDIO AMBIENTE

Seiscentos escolares de Carballo participan dunha campaña ambiental promovida polo Concello

Luns 22 de xaneiro do 2007

En relación ás saídas divulgativas á franxa de Razo-Baldaio, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, manifestou na presentación da iniciativa que "ademais de para educar aos rapaces no coñecemento e o respecto do entorno, a iniciativa vai servir para continuar a formación das mariscadoras de Baldaio no obxectivo de que podan ser elas mesmas as que dirixan este tipo de visitas". Xa durante o ano pasado, un grupo de marsicadoras participaran nun curso teórico sobre interpretación do patrimonio natural. Agora trátase de que acompañen aos nenos/as e monitores/as para completar a súa formación desde o punto de vista práctico. Esta campaña medioambiental complétase coa edición dun folleto informativo sobre os servizos de recollida de lixo.

Compartir: