Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle unha nova edición...

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle unha nova edición do ciclo ‘Aprender para educar’ a partir desta semana

Luns 22 de xaneiro do 2007

O ciclo Aprender para educar continuará todos os xoves, a partir do 2 de febreiro e até o 30 de marzo. O Concello porá a disposición dos pais e nais, para facilitar a súa asistencia, un servizo de canguraxe para o que será necesario solicitude previa no Pazo da Cultura ou no número de teléfono 981704300. O programa desta nova edición de Aprender para educar contempla as ponencias de Mercedes Mourenza, psicopedagoga, Carme Loureiro, profesora do IES A Illa de Arousa, María Xesús Enguídanos, especialista en educación infantil e psicomotricista da Universidade de Vigo, Marta Vázquez e Beatriz Menéndez, psicólogas, e Xesús Fortes, profesor do IES Portovello de Ourense. Os temas que abordarán os poenetes do ciclo abordarán asuntos como as técnicas de estudo, resolución de conflictos, o xogo e o xoguete, cuestións de tipo afectivo e sexual e as vantaxes e inconvintes da escolarización dos nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Compartir: