Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina o contrato para reanudar as...

OBRAS

O Concello asina o contrato para reanudar as obras de ampliación da Ponte da Casilla

Venres 19 de xaneiro do 2007

As obras de ampliación da Ponte da Casilla permitirán ampliar o ancho das beirarrúas no tramo situado sobre o río Anllóns, respetando a baixada á zona fluvial e dotando á zona de alumeado, con luminarias iguais ás xa existentes no resto do tramo. Ademáis, colocarase unha barandilla idéntica á xa existente na marxe contraria da ponte. A actuación contempla o ensanche da beirarrúa por medio dunha obra de fábrica, consistente nunha estructura de formigón armado, formada por dos estribos e un taboleiro de losas alveolares. As obras permitirán baixar por medio dunha escaleira e por outra marxe cunha rampa que permite o acceso de minusválidos.

Asesoría xurídica do CIM

Este venres tamén se procedeu á sinatura da renovación do contrato de asesoría xurídica do Centro de Información á Muller. O contrato permitirá seguir desenvolvendo este servizo de atención xurídica, que se levará a cabo por mediación da mesma persoa e no mesmo horario no que se realizaba até o momento. Este é os martes e xoves, de 16,00 a 18,00 horas e os venres de 12,00 a 14,00 horas, con cita previa. O servizo de asesoría xurídica permite o trámite de xustiza gratuita, solicitude de abogado/a e procurador/a de oficio, demandas por agresións e amenazas, separación e divorcio matrimonial, sentenzas incumplidas, dereitos dos traballadores e baixas e protección de maternidade e paternidade.

Compartir: