CONVOCATORIA
A Xunta de Goberno Local reúnese o luns en sesión ordinaria
Venres 19 de xaneiro do 2007
A Xunta de Goberno Local abordará, ademáis, a silicitude dunha subvención referente á axuda aos concellos para a promoción de iniciativas ambientais, en concreto para a compra de terros no entorno rústico do Río Anllóns, no bosque do Añón. A orde do día inclúe tamén a aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Carballo para a participación na protección de núcleos rurais mediante a participación de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais nas faixas de especial protección, ademáis da dación de conta do convenio para cesión de terreos para a ampliación de camiño existente no lugar da Brea-Carballo. A Xunta de Goberno Local tamén abordará as bases do concurso de disfraces, comparsas e carrozas 2007, o circuito musical 4x4 e a programación dos Venres Culturais 2007.