Inicio Carballo ao día Hemeroteca Protección Civil realizou un total de 2081...

BALANCE ANUAL

Protección Civil realizou un total de 2081 intervención en 2006

Xoves 18 de xaneiro do 2007

No tocante ás actuacións, Protección Civil interviu en 2006 en 6 incendios de vehículos, 103 incendios forestais e 24 incendios urbáns. En relación aos accidentes, as actuacións foron 118, debendo realizar 6 excarceración. O número de accidentes decreciu en 25 en relación a 2005. Protección Civil tivo que intervir, ademáis, en 405 emerxencias, colaborando con outros concellos afectados. Polo que respecta a Carballo, os datos das emerxencias situáronse en 115 accidentes, 44 limpezas de estrada, 22 incendios urbáns, 5 excarceracións, 53 incendios forestais, 4 incendios de vehículos, 7 incendios de colectores, 57 intervencións polo temporal Gordon, 21 por fenómenos meteorolóxicos adversos e 16 escapes de gas. Polo que respecta ao balance de prais, na época estival, a Unidade de Salvamento Acuático realizou 437 intervencións de botiquín e só 6 salvamentos, a cifra máis baixa desde o ano 1987.

O concelleiro de Persoal, Réxime Interior, Policía, Tráfico, Seguridade e Protección Civil, Ramón Eirís, agradeceu "o esforzo e traballo dos membros de Protección Civil", ademáis de aventurar que "un dos obxectivos principais a curto prazo será posta en funcionamento dun Plan de Emerxencia Municipal". O responsable de Protección Civil en Carballo, Francisco Javier Souto, engadiu que "grazas á colaboración do voluntariado púdose manter o servizo as 24 horas do día os 365 días do ano. O nivel de intervencións en 2006 foi moi movido, xa que colaboramos con outros concellos afectados, como puido ser o de Cee coas anegacións". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "pese a ser un ano de características especiais, co incendio da estación de autoboses, o furacán Gordon ou os moitos incendios, houbo cousas positivas, como o feito de que Carballo contara con dúas bandeiras azuis. Para 2007 está previsto solicitar unha nova bandeira para a zona das Saíñas".

Compartir: