CULTURA
O Concello acóllese ao programa de axudas e bolsas en zonas mineiras do carbón
Xoves 18 de xaneiro do 2007
O programa de Bolsas de Idiomas oferta 1.300 bolsas para cursos de idiomas no extranxeiro e 300 cursos de idiomas en España. Está dirixido á xuventude e a traballadores menores de 30 anos de España. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 31 de xaneiro. As bases e os impresos destas dúas convocatorias poden consultarse na Concellería de Cultura do Concello de Carballo ou no teléfono 981704300. Ademáis, pódense consultar este programa de axudas e bosas nesta web. As solicitudes dirixiranse á Secretaria Técnica e Administrativa do programa de Axudas e Bolsas da Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón, na rúa Velázquez, 130 bis, Bloque 3, 1ª Planta, 28006 Madrid.