Inicio Carballo ao día Hemeroteca Medio Ambiente autoriza as obras para mellorar os...

SUMINISTRO

Medio Ambiente autoriza as obras para mellorar os problemas de suministro no Sixto

Mércores 17 de xaneiro do 2007

As obras comezarán no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da autorización e os traballos deberán estar rematados no prazo de doce meses a partir do seu comezo. O Concello de Carballo xa remitira en febreiro de 2005 e xaneiro de 2006, a Unión Fenosa e á Delegación Provincial da Consellería de Industria, as reclamacións dos veciños do lugar do Sixto, nas que denunciaban problemas de suministro eléctrico. Estes denunciaban, sobre todo, baixadas de tensión que non lles permitían levar unha vida normal.

Compartir: