Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entréganse as cédulas de propiedade...

CATASTRO DE BENS INMOBLES

Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas en Rus

Luns 12 de setembro do 2005

O servizo estará aberto ao público no horario sinalado, na escola de Outón os días 12, 13 e 14 de setembro, e no teleclube de Ramil os días 15, 16 e 19. Unha vez realizada a primeira fase da revisión catastral, os propietarios de fincas rústicas teñen outra oportunidade para revisar e comprobar nos planos que os erros detectados anteriormente están xa corrixidos.

Durante o mes de agosto, entregáronselle as cédulas de propiedade aos veciños de Razo, Oza, Cances, Lema, Vilela, Noicela, Rebordelos, Goiáns, Sísamo, Bértoa, Carballo, Berdillo, Ardaña, Artes e Entrecruces. O Concello agradécelle aos veciños a súa colaboración neste proceso e prégalle aos propietarios das fincas que acudan a retirar as súas cédulas nos lugares e das datas establecidas.

Compartir: