Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

"Traballando en lingua no lecer", unha nova proposta para o curso de verán da UDC sobre dinamización lingüística

Aberto o prazo de inscrición ata o 6 de xullo

Venres 19 de maio do 2023

Concello de Carballo e UDC colaboran unha vez máis

Concello de Carballo e UDC colaboran unha vez máis

Universidade da Coruña convoca a décimo sexta edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, titulado nesta ocasión Traballando en lingua no lecer. Esta actividade formativa centrarase en analizar o fomento do uso da lingua a través do lecer e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos e para a utilizarmos na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc.

O curso terá lugar no Fórum Carballo os días 12 e 13 de xullo de 2023, coa colaboración do Concello de Carballo e a Secretaría xeral de Política Lingüística.

O prazo de inscrición está aberto até o día 6 de xullo e hai diferentes modalidades de matrícula:

  • para membros da comunidade da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas ou pensionistas terá un importe de 30 euros
  • a inscrición xeral será de 50 euros
  • haberá tamén catro bolsas con matrícula gratuíta

O curso vai destinado a persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, etc.

Programa completo, inscrición e máis información aquí.

Descargas

Compartir: