Asesoramento lingüístico
Tamén é función básica do SNL facer progresar a lingua, incrementar o seu uso e prestixio e mellorar a calidade da comunicación. Para iso intervense ademais sobre a propia lingua con accións como:
- Asesoramento ao persoal municipal, asociacións, empresas, etc., para mellorar a calidade lingüística e comunicativa a través de resolución de dúbidas, revisión de textos, etc.
- Difusión de materiais e recursos lingüísticos para apoiar o uso do galego: correctores, léxicos, dicionarios, etc.
- Recursos lingüísticos.
Algúns recursos lingüísticos que che poden ser de axuda:
- Portal das Palabras: un portal con dicionario, léxico, xogos de lingua, etc.
- Tradutor da Xunta de Galicia: pódeche axudar a traducir algún texto breve (lembra que é unha máquina, así que revisa persoalmente o resultado ;-)
- Gaio: outro tradutor automático da administración.
- bUSCatermos: un buscador de terminoloxía.
- Dicionario de pronuncia: para saberes como se pronuncia cada palabra.
- Nomenclátor de Galicia: toda a toponimia oficial do país.
- +Recursos lingüísticos no Kit da Normalización: se a pequena selección de recursos que che fixemos se che fai curta, aquí podes acceder a moitos máis correctores, dicionarios, léxicos, tradutores e outras ferramentas.
Ligazóns
- A Mesa pola Normalización Lingüística
- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
- Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
- Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)
- Kit para a normalización lingüística
- Real Academia Galega (RAG)
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia