ABERTAS AS INSCRICIÓNS ATA O 1 DE FEBREIRO
O Servizo de Normalización Lingüística organiza un obradoiro de acollemento lingüístico para persoas de fóra de Galicia
Tamén está aberto o prazo para participar nos cursos preparatorios das probas Celga
Xoves 19 de xaneiro do 2023
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo comeza o ano con forza, e despois da gala de entrega dos Premios Youtubeiras, que se celebrará o 28 deste mes no Pazo da Cultura, en febreiro comezarán dúas interesantes accións formativas.
Por unha banda, para as persoas de fóra de Galicia está programado un obradoiro de acollemento lingüístico, no cal, ao longo de 30 horas de duración, os/as participantes entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. As clases serán todos os xoves, de 18.00 a 19.30 horas, dende febreiro ata xuño.
Este ano tamén repetimos os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, que tan boa acollida tiveron na pasada edición. Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse todos os xoves, de 19.30 a 21.00 horas, no Fórum Carballo, dende febreiro ata o 1 de xuño.
As persoas interesadas, tanto o obradoiro de acollemento lingüístico coma nos cursos para prepara as probas Celga, pódense inscribir ata o 1 de febreiro enviando unha mensaxe ao teléfono 626 125 495 ou ao correo electrónico snl@carballo.gal. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado.