Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

O Día dos Medios en Galego reivindicou o papel do xornalismo para a normalización do idioma

A concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez, agradeceu a elección de Carballo para celebrar a gala anual a Amega

Luns 10 de febreiro do 2020

A concelleira Maruxa Suárez, durante a súa intervención

A concelleira Maruxa Suárez, durante a súa intervención

A Asociación de Medios en Galego (Amega) celebrou este ano en Carballo o Día dos Medios en Galego, unha xornada para reivindicar a importancia da ter un xornalismo na lingua do país, dar visibilidade ao cento de medios de comunicación que empregan en exclusiva o galego e poñen o foco na realidade de Galicia, e coa que tamén se conmemora a saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, "O Tío Marcos d’A Portela", editado en Ourense por Valentín Lamas Carbajal en 1876.

Presentou acto, que tivo como escenario o Casino, a regueifeira Lupe Blanco, quen, con moito humor, foille cedendo a palabra á representante da Revista Pincha e membro da directiva da AMEGA, Rebeca Munín; á deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño; ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e á concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez. Entre o numeroso público que se deu cita no Casino tamén estivo o alcalde, Evencio Ferrero.

O acto celebrouse no Casino, con moito público

O acto celebrouse no Casino, con moito público


Maruxa Suárez dixo estar “encantada” de compartir tarima cos demais intervenientes e agredeceulle a AMEGA o convite. “Unha das mentiras máis estendidas é que os medios de comunicación galegos máis importantes publican a maioría das súas informacións en castelán porque é a lingua preferida pola galegas e os galegos; nada máis lonxe da realidade, como demostran os máis de cen medios que estades representados hoxe aquí e que sodes unha proba de que os galegos a as galegas amamos o noso idioma”.

“Hoxe os medios en galego seguen sendo fundamentais para a normalización do noso idioma”, dixo o secretario xeral, “e o seu crecente número e a súa crecente aceptación son, coido eu, un bo síntoma que nos debe animar a seguir traballando”, afirmou Valentín García.


Tras a intervención dos relatores, Avelino González ofreceu un divertido monólogo e a banda Terbutalina, un contundente concerto.

Compartir: