Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

E o Instagram encheuse de xente dicindo #qrtm8

Xa hai gañadoras, dúas mozas, do concurso de Instagram enmarcado na campaña qrtm8. Trátase de Noelia Antelo e de Mara Fernández Liñares

Luns 19 de febreiro do 2018

Foron arredor de 200 entradas as que se identificaron en Instagram coa etiqueta #qrtm8, entre o 2 de febreiro, día en que casan os paxariños, e o 14, día de San Valentín, Día d@s Namorad@s, o período en que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo desenvolveu a campaña co lema desa mesma etiqueta para a posta en valor do galego nas relacións amorosas e na mocidade a través das redes sociais e do comercio.

E entre esas 200 entradas publicadas, dúas resultaron gañadoras do concurso asociado. Unha, a de Noelia Antelo, a través da súa conta @noe_av, por elección da organización, e na que se pode ver unha cama desfeita desde a que se percibe o mural de Isaac Mahow no Rego da Balsa, e que vai acompañada da frase “O mural de @isaacmahow foi a única testemuña do que, agora en calma, foi paixón e o espertar dos nosos sentidos. #Carballo #qrtm8”.

A outra entrada da rede social Instagram gañadora foi a de Mara Fernández Liñares, a través da súa conta @maraliares23, por número de gústame. Nada menos que 1.671 gústame tiña o día 15 de febreiro ás 11.00 h, cando pechou o prazo do concurso, e que seguiu medrando estes días ata os arredor de 1.900. Na súa entrada, cunha foto onda o hórreo da Praza da Concordia, na zona do Xulgado, pódese ler “Amor ao galego, amor ao que eu quero #qrtm8 #carballo”.

O premio que recibirá cada unha das mozas gañadoras son os últimos discos de Ses (Readmirando a condición), de MJPérez (Casandra) e de Chicharrón (Postal) e mais unha torre de son para poder escoitar eses discos e moita outra música en galego.

En xeral, os grandes protagonistas das fotos etiquetadas neste concurso foron os murais dos proxecto Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest que hai en diversos edificios de Carballo, e tamén a praia da Razo, os espazos elixidos pola maioría de persoas que publicaron entradas, ademais dos comercios participantes na propia campaña.

Valoración positiva da campaña nos institutos e tamén no comercio

Desde o Servizo de Normalización Lingüística faise unha valoración positiva desta campaña de fomento da lingua nas relacións amorosas e nas redes sociais, con boa visibilización tanto nos institutos como no comercio. E é que, como o amor tamén se pode expresar con agasallos, tamén se sumaron á campaña 50 comercios de Carballo, que visibilizaron nos seus establecementos e escaparates o lema qrtm8 a través de paneis e soportes e tamén utilizándoo con adhesivos no empaquetado dos agasallos. Entre estes comercios houbo xoiarías, tendas de roupa e calzado, librarías, lencerías, tendas e licores e alimentación, etc.

Compartir: