Club de Debate
En Carballo tamén queremos incentivar o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico na mocidade, para o que, en colaboración con outros concellos, desde o ano 2011 puxemos en marcha o Club de Debate.
Neste proxecto participan equipos de rapazas e rapaces de 3.º e 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato que, ao longo do curso, teñen que preparar varios temas sobre os que debaten con equipos doutros centros do país, tanto poñéndose a favor deles como en contra.
- “Todas e todos somos iguais ante a lei”
- “Herdamos o galego e debemos transmitilo”
- “As novas tecnoloxías melloran as relacións sociais”
- “Vivimos nun sistema corrupto”
- “Nós, á nosa idade, o que temos que facer é estudar e pasalo ben”
- “O galego é unha oportunidade”