Politica de privacidad
Información sobre Protección de datos
1. Información básica sobre protección de datos
RESPONSABLE |
CONCELLO DE CARBALLO NIF: P1501900C |
CONTACTO |
981 704 100 Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo (A Coruña) infocarballo@carballo.gal |
FINALIDADE |
Atención cidadá, recepción de consultas e trámites correspondentes. |
LEXITIMACIÓN |
O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poder públicos (artigo 6.1,e do RGPD). Consentimento das persoas interesadas, cando sexa preciso (artigo 6.1,a de o RGPD). |
DESTINATARIOS |
As Administracións Públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a xestión da súa solicitude. |
DEREITOS |
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso o consentimento outorgado a través da sección de “Protección de Datos” da sede electrónica. |
INFORMACIÓN ADICIONAL |
Debe ler a información detallada sobre protección de datos máis abaixo |
2. Información detallada sobre protección de datos
Os datos persoais vinculados a páxina web e a sede electrónica responsabilidade do CONCELLO DE CARBALLO respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
2.1 Quen é o responsable do tratamento?
Datos do Responsable:
- RESPONSABLE: CONCELLO DE CARBALLO
- NIF:P1501900C
- Enderezo:Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo (A Coruña)
- Teléfono:981 704 100
- APDTIC PROFESIONALES, S.L.
- dpd@carballo.gal
2.2 Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
O CONCELLO DE CARBALLO tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para:
- Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación.
- Verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións públicas ou que previamente xa se achegasen.
- Realizar notificacións e tramitar recursos.
- Xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.
O CONCELLO DE CARBALLO está lexitimado para o tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co principio de licitude do tratamento sinalado no artigo 6 do RXPD e, concretamente, para:
- Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos, tendo en conta a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público; Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, etc.
- En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas.
- En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.
Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a entidades financeiras, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios do CONCELLO DE CARBALLO para dar a publicidade legalmente esixida nos procedementos onde sexa necesaria. As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.
2.5 Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados, pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan tratados.
2.6 Realizaranse transferencias dos datos a terceiros países?
Non se van a producir transferencias internacionais de datos.
2.7 Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?
- Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
- Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
- Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
- Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
- Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da mera conservación dos mesmos.
- Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
2.8 Terá a posibilidade de retirar o consentimento?
Terá a posibilidade e o dereito de retirar o seu consentimento para calquera finalidade específica outorgada no seu momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
2.9 Onde poderá exercitar os seus dereitos?
A persoa interesada poderá exercer os seus dereitos sen coste algún, recibindo unha resposta nos prazos establecidos no RXPD e a LOPDGDD, polos seguintes medios:
- Por escrito no rexistro do CONCELLO DE CARBALLO. Esta solicitude deberá ir asinada xunto coa copia do DNI ou pasaporte do interesado. No caso de que se actúe a través de representante legal deberá achegarse, ademais, o DNI e o documento acreditativo da presentación do representante.
- Se o CONCELLO DE CARBALLO tivese dúbidas razoables en relación coa identidade da persoa física que cursa a solicitude poderá solicitar a información adicional necesaria para confirmar a identidade do interesado.
- O CONCELLO DE CARBALLO deberá responder a solicitude no prazo dun mes dende a súa recepción. Este prazo poderá prorrogarse ata dous meses máis en caso de sexa preciso, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. O interesado, en calquera caso, será informado no prazo dun mes a partir da recepción da solicitude.
- Calquera interesado tamén poderá dirixir a súa solicitude de exercicio de dereitos o Delegado de Protección de datos nasección de “Protección de Datos” de la sede electrónica.
- Para máis información: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html
No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/. En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
2.11 Cales son as medidas de seguridade?
En cumprimento co artigo 32 do RXPD e tendo en conta o establecido na Disposición Adicional Primeira da LOPDGDD 3/2018, o CONCELLO DE CARBALLO conta cunhas medidas de seguridade establecidas polo seu regulamento interno de seguridade que segue o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) regulado polo Real Decreto 311/2022, de 3 de maio. NORMATIVA DE APLICACIÓN
Dereitos sobre Protección de datos
A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade de datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos. Dereito de accesoA persoa afectada ten dereito a ser informada:
- dos fins do tratamento, así como das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios
- do prazo de conservación dos datos, de ser posible. De non selo, os criterios para determinar este prazo
- do dereito á solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou opoñerse so mesmo
- do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control
- a obter, cando os datos persoais non se obtiveran polo interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe
- a recibir información das garantías adecuadas se se produce unha transferencia internacional de datos
- a obter unha copia dos datos obxecto do tratamento
- da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfiles), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.
Exceptúase este dereito, nos casos en que deba prevalecer, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable Dereito á limitación do tratamentoPermite á persoa afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:
- se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica dita exactitude polo responsable
- o tratamento resulte ilícito pero o interesado solicite no lugar da supresión a limitación do seu uso
- o responsable xa non necesite os datos para o fin do tratamento, pero si a persoa interesada para o exercicio dalgún dos seus dereitos
- o afectado exercitou o seu dereito de oposición ao tratamento, mentres de verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre o afectado
- Cando por motivos relacionados coa súa situación persoal, deba cesar o tratamento dos datos, salvo que se acredite un interese lexítimo, que prevaleza sobre os intereses, os dereitos e as liberdades do interesado, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.
- Cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa.
Formularios para o exercicio dos seus dereitos:
- Formulario de exercicio do dereito de acceso
- Formulario de exercicio do dereito de rectificación
- Formulario de exercicio do dereito de oposición
- Formulario de exercicio do dereito de supresión (dereito ao esquecemento)
- Formulario de exercicio do dereito a la limitación do tratamento
- Formulario de exercicio do dereito a portabilidade
- Formulario de exercicio a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas
Rexistro de actividades de tratamento
O artigo 30 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que cada responsable levará un rexistro das actividades de tratamento que efectúa e coa información indicada a continuación:
- O nome e os datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos.
- Os fins do tratamento.
- Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais
- As categorías dos destinatarios dos datos.
- As transferencias de datos persoais, se as hai.
- Os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos, cando sexa posible.
- Unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.
De conformidade con esta normativa, publícase un rexistro das actividades de tratamento efectuadas polo CONCELLO DE CARBALLO:
Consultar el PDF
Delegado de Protección de Datos (DPD)
O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obrigación de designar a un Delegado de Protección de Datos (DPD). O CONCELLO DE CARBALLO designou ao seu DPD correctamente, tal e como se pode comprobar en: Consulta DPD
- Delegado de Protección de Datos: APDTIC PROFESIONALES, S.L.
- Contacto: dpd@carballo.gal
Á súa vez, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do Concello ou non está conforme co mesmo. Para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DE CARBALLO dirixíndose por escrito á dirección de correo dpd@carballo.gal
Máis información: Axencia Española de Protección de Datos – Delegado de Protección de Datos