Contacto Deportes

Formulario de Protección de Datos [PDF] 

Oficinas Carballo Deporte

Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal 
Ver localización




De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é CONCELLO DE CARBALLO, con dirección en PRAZA DO CONCELLO S/N, 15100 - CARBALLO (A CORUÑA); lopd@carballo.gal. 

1.- dpo: O Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DE CARBALLO é Servicios de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en lopd@carballo.gal.

 2.- finalidade do tratamento: Os datos serán utilizados para facerlle partícipe dos servizos deportivos desenvolvidos pola área de deportes do Concello de Carballo nos que vostede participe, así como a xestión administrativa derivada das mesmas. DATOS DE SAÚDE: Co único fin de prestar o mellor servizo e garantir a máxima seguridade na práctica deportiva, poderáse solicitar información sobre o seu estado de saúde. Prazo de conservación: os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión dos mesmos e en calquera caso, mentres non houbera transcorrido o prazo de prescripción de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento. 

3.- lexitimación: Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga coa sinatura da presente circular. O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de participación nos servizos e actividades solicitadas ó CONCELLO DE CARBALLO. Para o uso de fotografías/vídeos e para a creación dun usuario na App, a lexitimación baséase no seu consentimento. Por iso non poderemos utilizar os seus datos persoais con eses fins, salvo que vostede marque a casa na que nos outorga o seu consentimento. U s o de f ot og r a f ía s / víd eos: Co fin de promocionar as actividades organizadas polo Concello, gustaríanos que nos autorizase para utilizar as súas fotografías/vídeos nas nosas RRSS e paxina web http://www.carballo.org. Por favor, marque a casa que se axuste aos permisos que quere darnos: 

Rexistro de usuario na App: Coa finalidade de favorecer o acceso ós servizos deportivos e as xestións derivadas dos mesmos, o Concello de Carballo disponse a poñer en práctica o uso dunha App, coa que o usuario poderá consultar toda a información que sexa necesaria no desenvolvemento da mesma, e a través da que poderá realizar diversos trámites como: Consultar as rutinas marcadas polo monitor, cumprimentar a información solicitada polo Concello para facerlle partícipe das actividades, reserva de pistas ou instalacións… entre outras. E por todo iso, gustaríanos que nos autorizase para incorporar os seus datos á base de datos da App(nome, apelidos, sexo, dirección, nº de teléfono, data de nacemento), email, dni, foto da tarxeta de abonado, coa finalidade que crear o seu usuario. 

4.-destinatarios de cesións: Os datos facilitados poderán ser obxecto de cesión a terceiros para o cumprimento de funcións directamente relacionadas cós fins lexítimos da área de Deporte do Concello de Carballo e, en particular, poderán ser comunicados ás seguintes entidades: 

  •  Empresas, proveedores e entidades sen ánimo de lucro (fundacións, asociacións, ONG´s…) colaboradoras do CONCELLO DE CARBALLO directamente relacionadas coa prestación dos servizos propios deste Concello. 
  • Empresa contratada para desenvolver a actividade, coa intención única de prestar o servizo para o que se lle contratou. 
  • Concellos distintos do CONCELLO DE CARBALLO, Administración Pública Autonómica, Sergas ou calquera organismo público directamente relacionado coa Aministración Pública Local. 
  • Forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, servizos de emerxencia, servizos sociais, servizos de saúde e benestar coa finalidade de prestar unha atención integral ós usuarios. 
  • Órganos xuridiccionáis, en orde a manter unha cooperación e coordinación axeitada coa Administración de Xustiza 

5.- dereitos: Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos. CONCELLO DE CARBALLO dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, nas nosas instalacións ou por correo electrónico en lopd@carballo.gal, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade. Se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de datos, a través das seguintes vías: 

    - Sede electrónica: www.aepd.es 
    - Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid 
    - Teléfono: 901 100 099 – 91 266 35 17 
Na seguinte tabla asinará cada un dos membros que formen parte do abono e/ou sexan usuarios de servizos deportivos, dando así o seu libre consentimento para o uso do tratamento dos datos, así como para o uso de fotos e o traspaso á App. 

*A aceptación ou negación tanto para o uso de fotos como para o traspaso de datos á App é en todo caso baixo as condicións indicadas no apartado 3, onde se explica detalladamente a finalidade e demais información para ter en conta o libre consentimento. No caso de que nos achegue Datos Persoais de terceiros, vostede responsabilízase de informar e obter o consentimento destes para ser achegados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente circular.

    Persoa 1

    Persoa 2

    Persoa 3

    Persoa 4

    Persoa 5





Compartir: