Alcaldía
Saúdo do alcalde
Estimado/a veciño/a:
Traballar por un concello integrado territorialmente, sen exclusións sociais, con persoas participativas e motivadas no obxectivo de facer de Carballo o mellor lugar para vivir, é unha guía permanente na nosa acción de goberno.
Queremos ser un concello transparente, con paredes de cristal, accesible no político e no territorial; ben conectado, onde a creatividade e a innovación sigan tendo muros nos que dialogar coa cidadanía, e onde a industria, os servizos, o deporte e a educación sexan canles para a participación colectiva nesta nova estratexia. Por iso presentamos unha nova páxina de información que nace do permanente obxectivo de mellorar o anterior.
Estamos ao teu dispor. A nosa obriga é escoitar e atender a túa voz para que todos sintamos Carballo como un proxecto colectivo. Nesta nova páxina coñecerás a actividade municipal e os servizos que, como cabeceira de comarca, estamos a prestar. A administración electrónica é unha nova oportunidade para a participación activa.
Carballo é un concello aberto, e queremos dar un paso máis cunha aposta firme e decidida pola comunicación e as novas tecnoloxías.
Agradezo, pois, a vosa visita. Benvidos/as sempre ao Concello de Carballo.
Evencio Ferrero
[Alcalde de Carballo]