Proceso selectivo de dúas prazas de auxiliar administrativo (OEP 2022 Extraordinaria)
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, de dúas (2) prazas de funcionario de carreira no posto de AUXILIAR ADMINISTRATIVO incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 174 do 10 de setembro de 2024.
Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o vindeiro XOVES 12 DE SETEMBRO DO 2024, ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO TEÓRICO-PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro XOVES 26 DE SETEMBRO, ÁS 12.00 HORAS, no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, Carballo).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.
Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.
Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 16/09/2024 e rematará o DÍA 20/09/2024, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal recorda que segundo a Resolución da Alcaldía núm. 2487/2024 do 04/09/2024 (BOP núm. 174 do 10/09/2024) os aspirantes foron convocados para a realización do EXERCICIO TEÓRICO-PRÁCTICO da fase de oposición o vindeiro XOVES 26 DE SETEMBRO ás 12.00 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, Carballo).
Publicación dos resultados do exercicio teórico-práctico da fase de oposición. As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas a este segundo exercicio, proba práctica, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo. Resoltas as alegacións presentadas, no seu caso, a apertura dos sobres identificativos das persoas aspirantes presentadas realizarase en sesión pública o vindeiro mércores, 9 de outubro ás 13.00 horas no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Aprazamento da apertura dos sobres identificativos.
Coa finalidade de preservar a identidade das persoas aspirantes en tanto non se revisen as alegacións e se publiquen os resultados definitivos da baremación, aprázase a data de apertura dos sobres identificativos. A nova data indicarase coa publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da baremación definitiva.
Publicación dos resultados do exercicio teórico – práctico da fase de oposición, logo da resolución as alegacións presentadas. Resoltas as alegacións presentadas publicouse a nova cualificación do exercicio teórico-práctico da fase de oposición deste proceso selectivo no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo. A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados realizarase en sesión pública o vindeiro venres, 11 de outubro do 2024, ás 13.00 horas no salón de plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo e aos criterios establecidos polo Tribunal para a fase de oposición, os resultados DEFINITIVOS da baremación do concurso-oposición son os que de seguido se indican no ANEXO.
Así mesmo, indícase no ANEXO as persoas aspirantes propostas para o nomeamento como persoal funcionario de carreira e as que conformarán a listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura de prazas de auxiliar administrativo.
Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta do nomeamento como persoal funcionario de carreira no BOP de A Coruña núm. 203 do 21/10/2024. A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 22/10/2024 ata o DÍA 19/11/2024, ambos INCLUÍDOS.
Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira nunha (1) praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 210 do 30 de outubro de 2024. A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento da persoa interesada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.