Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de 3 prazas de subalterno/a-conserxe...

Convocatoria de 3 prazas de subalterno/a-conserxe polo sistema de concurso-oposición

O Concello de Carballo convoca tres prazas de subalterno-conserxe. Persoal funcionario de carreira. OEP 2022 Ordinaria. Sistema concurso-oposición.

Publicación DOG núm. 168 de 02/09/2024.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). 

ATENCIÓN: calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

Publicadas no Boletín oficial da provincia da Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as bases xerais e bases específicas que regularán a convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de subalterno/a-conserxe (agrupación profesional), da escala de Administración Xeral, subescala Subalternos, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.

Publicado anuncio da convocatoria no DOG Núm. 168 do 02/09/2024.

Publicado anuncio da convocatoria no BOE Núm. 223 do 14/09/2024.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 16/09/2024 ata o DÍA 11/10/2024, INCLUÍDOS.

ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerarase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

Descargas

Compartir: