Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Contratación de duración...

Contratación de duración determinada de 32 socorristas para as praias

O Concello de Carballo fai pública a convocatoria para a contratación de duración determinada de 32 socorristas para a Unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestará servizo nas praias do concello de Carballo no ano 2024.

BOP núm. 100 de 24/05/2024. Convocatoria e bases para a contratación de duración determinada de 32 socorristas praia.

Prazo de presentación de instancias de 5 días hábiles a contar desde o seguinte a publicación no BOP, é dicir, desde o luns 27 ata o venres 31, ámbolos dous incluídos.

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán de un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de edictos e anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos.

Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e convócase a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos da fase de CONCURSO, que terá lugar o xoves 13 de xuño de 2024.

Convócase aos aspirantes admitidos/as para a celebración de todos os exercicios da fase de OPOSICIÓN o luns 17 de xuño de 2024.

De acordo coas puntuacións segundo as bases reguladoras do proceso selectivo de socorrista, publícanse as puntuacións das probas físicas e segundo e posteriores exercicios coa orde de puntuación final.

Establécese un prazo de dous días hábiles desde a data de publicación na sede electrónica do Concello de Carballo para formular alegacións.

Rematado o prazo para presentar alegacións ás puntuacións do proceso selectivo para a selección de 32 socorristas para a unidade de salvamento e socorrismos nas praias do Concello de Carballo, se fai público o resultado DEFINITIVO das puntuacións.

Descargas

Compartir: