Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de dúas prazas de...

Proceso selectivo de dúas prazas de ordenanza conserxe edificios cultura. OEP 2022 (E)

Publicada a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal calificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de duas (2) prazas de persoal laboral fixo no posto de Ordenanza Conserxe Edificios Cultura incluida na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP de A Coruña núm. 80 do 24 de abril de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o XOVES 25 DE ABRIL DO 2024 AS 10:00 HORAS, na sala de xuntas sita na 2ª planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 29/04/2024 e rematará o DÍA 06/05/2024, ambos incluídos.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 105 do 31/05/2024.As persoas aspirantes propostas deberán acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 03/06/2024 ata o DÍA 02/07/2024, ambos INCLUÍDOS.

Anuncio da contratación como persoal laboral fixo en duas (2) prazas de ORDENANZA CONSERXE EDIFICIOS CULTURA, incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 123 do 27 de xuño de 2024.Procederase á formalización dos perceptivos contratos de persoal laboral fixo e á incorporación ao posto de traballo dentro do prazo que se estableza nos mesmos. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: