Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a provisión...

Proceso selectivo para a provisión temporal mediante nomeamento en comisión de servizos de carácter voluntario no posto de Xefe/a do negociado de estadística, padróns e certificacións do Concello de Carballo

Bases que rexerán o procedemento e a convocatoria pública, restrinxida ao persoal do Concello de Carballo, para a provisión temporal mediante nomeamento en comisión de servizos de carácter voluntario no posto de Xefe/a do negociado de estadística, padrón e certificacións do Concello de Carballo.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello. Polo que o prazo de presentación de instancias será desde o DÍA 18/03/2024 ata o DÍA 22/03/2024, ambos INCLUÍDOS.

Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do procedemento, restrinxido ao persoal do Concello de Carballo, para a provisión temporal mediante nomeamento en comisión de servizos de carácter voluntario no posto de Xefe/a do Negociado de Estadística, Padrón e Certificacións do Concello de Carballo.

Convócase a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos que terá lugar o MÉRCORES 3 DE ABRIL DO 2024 ás 10.00 horas na sala de xuntas sita na planta 2ª da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Novena da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de DOUS (2) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 04/04/2024 e rematará o DÍA 05/04/2024, AMBOS INCLUÍDOS.

Descargas

Compartir: