Convocatoria de 4 prazas de oficial de obras. Persoal funcionario de carreira
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as bases xerais e bases específicas que regularán a convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de catro (4) prazas de oficial mantemento obras (grupo C, subgrupo C2), da escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
IMPORTANTE: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de 4 prazas de oficial de mantemento de obras, persoal funcionario de carreira (OEP ordinaria).
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Publicada a convocatoria no BOE núm. 135 do 04/06/2024.
O prazo de presentación de instancias será desde mañana mércores día 05/06/2024 ata o xoves 4/07/2024, ambos incluídos (prazo de 20 días hábiles).
As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de persoas admitidas.BOP da Coruña núm. 179 do 18 de setembro de 2024. Polo que o prazo de emendas será DESDE O 19/09/2024 ATA O 02/10/2024, ambos incluídos.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.