Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de coordinador/a de actividades...

Proceso selectivo de coordinador/a de actividades acuáticas (OEP 2022 Extraordinaria)

Proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de persoal laboral fixo no posto de Coordinador de Actividades Acuáticas incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o Tribunal do proceso selectivo acorda convocar aos aspirantes que non teñen presentado o título CELGA 3 ou equivalente para a realización da PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA que terá lugar o vindeiro LUNS 11 DE DECEMBRO ás 11.00 horas na SALA DE XUNTAS, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.

Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 04/01/2024 e rematará o DÍA 10/01/2024, INCLUÍDO.

17 xaneiro 2023

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 13 do 17/01/2024.

A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante o Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 18/01/2024 ata o DÍA 14/02/2024, ambos INCLUÍDOS.

Anuncio da contratación como persoal laboral fixo nunha (1) praza de Coordinador Actividades Acuáticas, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 41 do 27 de febreiro de 2024.

Procederase á formalización do perceptivo contrato de persoal laboral fixo e á incorporación ao posto de traballo dentro do prazo que se estableza no mesmo. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: