Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de técnico/a de deportes...

Proceso selectivo de técnico/a de deportes (OEP Extraordinaria)

Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de Técnico de Deportes incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 212 do 7 de novembro de 2023.

Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos que terá lugar o martes 14 de novembro do 2023 ás 10.00 horas na sala de xuntas sita na planta 2ª da casa do concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.

Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 04/01/2024 e rematará o DÍA 10/01/2024, INCLUÍDO.

17 xaneiro 2023

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta do nomeamento como persoal funcionario de carreira no BOP de A Coruña núm. 13 do 17/01/2024.

A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante o Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 18/01/2024 ata o DÍA 14/02/2024, ambos INCLUÍDOS.

Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira nunha (1) praza de Técnico de Deportes, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP de A Coruña núm. 41 do 27 de febreiro de 2024.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento da persoa interesada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: