Proceso selectivo de profesorado do CMUS (OEP 2022 Extraordinaria)
Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador dos procesos selectivos para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, das prazas de persoal laboral a tempo parcial nos postos de PROFESORES CMUS incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 204 do 25 de outubro de 2023.
Convocar a todos os membros do tribunal para as SESIÓNS CONSTITUTIVAS que terán lugar o XOVES 26 DE OUTUBRO DO 2023 DESDE ÁS 10:00 HORAS, de forma telemática na plataforma dixital do Concello de Carballo.
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican nos DOCUMENTOS ADXUNTOS.
Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.
Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións empezará o DÍA 11/12/2023 e rematará o DÍA 15/12/2023, INCLUÍDO.
Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo a tempo parcial no BOP de A Coruña núm. 151 do 07/08/2024. As persoas aspirantes propostas deberán acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 08/08/2024 ata o DÍA 05/09/2024, ambos INCLUÍDOS.
Descargas
- Listaxe definitiva de admitidos/as e exluídos/as (BOP)
- Valoración de méritos TROMPETA
- Valoración de méritos PIANO
- Valoración de méritos TROMBÓN
- Valoración de méritos VIOLÍN
- Valoración de méritos GUITARRA
- Valoración de méritos PERCUSIÓN
- Valoración de méritos SAXOFÓN
- Valoración de méritos HARMONÍA
- Valoración de méritos FRAUTA
- Valoración de méritos CANTO
- Propostas de contratación