Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de docente para impartir a...

Proceso selectivo de docente para impartir a acción formativa "Cociña"

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Carballo núm. 2879/2023 de 16/10/2023 foron aprobadas as bases e a convocatoria para a selección de persoal docente, mediante o sistema de concurso oposición, para a contratación de duración determinada (contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral) e a tempo parcial (6 horas/día) dun/ha docente para impartir a acción formativa, denominada “COCIÑA".

O prazo de presentación de instancias é de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, desde o luns día 23 ao venres 27 de outubro de 2023.

Outros acordos

APROBACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA DOCENTE PARA IMPARTIR A ACCIÓN FORMATIVA COCIÑA, CORRESPONDENTE AO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA OS EXERCICIOS 2023 E 2024.

Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, seguintes á publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas das deficiencias que se sinalen. De non efectuar as emendas no prazo requirido serán excluídos/as definitivamente do proceso selectivo.

Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, nomeamento do tribunal cualificador e datas da fase de concurso-oposición, do proceso selectivo para a contratación dun/ha docente para impartir a acción formativa “COCIÑA”, correspondente ao Plan Formativo para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2023 e 2024.

  • Convocar a todos os membros da comisión da avaliación para a constitución do tribunal e realización da valoración de méritos da fase de concurso que terá lugar o martes 14 de novembro de 2023 as 9:00 h. no salón de plenos do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo). 
  • Convocar aos aspirantes admitidos/as para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o martes 14 de novembro de 2023 as 10:30 h. no salón de plenos do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo).

Publicación dos resultados do proceso selectivo o 14/11/2023.

Descargas

Compartir: