Proceso selectivo de tres prazas de axente de xestión e inspección tributaria. OEP 2022 (E)
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de tres (3) prazas de funcionario de carreira no posto de AXENTE DE XESTIÓN E INSPECCIÓN TRIBUTARIA incluídas na OEP 2022 extraordinaria ou de estabilización do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 195 do 11 de outubro de 2023.
Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva que terá lugar o luns 16 de outubro do 2023 ás 10:00 horas, de forma telemática na plataforma dixital do Concello de Carballo.
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que se indican no ANEXO I.
Segundo a base sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o 20/10/2023 ao 26/10/2023, incluídos.
Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira nas tres (3) prazas de Axente de Xestión e Inspección Tributaria, incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.BOP da Coruña núm. 6 do 8 de xaneiro de 2024.
A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento das persoas interesadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.