Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de auxiliar de biblioteca...

Proceso selectivo de auxiliar de biblioteca correspondente á OEP 2022 (E)

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de auxiliar de biblioteca, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 185 do 27 de setembro de 2023

Convócase a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva que terá lugar o xoves 28 de setembro do 2023 ás 11:00 horas, de forma telemática na plataforma dixital do Concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da fase de concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a base sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o 03/10/2023 ata o 09/10/2023, incluídos.

Publicase con data 3/10/2023 a modificación do tribunal cualificador do proceso selectivo e procedese ao chamamento para o exercicio da fase de oposición convocando aos aspirantes para a realización do exercicio teórico-práctico o vindeiro 11 de outubro as 11.00 horas no edificio Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).

Resoltas as alegacións da cualificación da fase de concurso, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, con data 10 de outubro de 2023 fanse públicos os RESULTADOS DEFINITIVOS DA FASE DE CONCURSO, que son os que se indican no ANEXO I.

De acordo coa valoración asignada polos membros do tribunal selectivo, os resultados da fase de oposición son os que de seguido se indican no ANEXO II.

Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de oposición para formular as alegacións que consideren oportunas en relación ao exercicio teórico-práctico. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 02/11/2023 e rematará o DÍA 08/11/2023, INCLUÍDO.

A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados realizarase en sesión pública o vindeiro xoves 9 de novembro ás 12.00 horas no salón de plenos, sito na segunda planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Unha vez finalizado o concurso-oposición faise pública a proposta do nomeamento como persoal funcionario de carreira no BOP de A Coruña núm. 223 do 22/11/2023. A persoa aspirante proposta deberá acreditar dentro do prazo de vinte (20) días hábiles desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria, polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 23/11/2023 ata o DÍA 22/12/2023, ambos INCLUÍDOS.

Non obstante, as persoas que tivesen a condición de funcionarios/as públicos/as estarán exentas de xustificar as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

Así mesmo, publícase a relación de aspirantes a incluír na bolsa de persoal funcionario interino.

NOMEAMENTO

Anuncio do nomeamento como persoal funcionario de carreira de Dª. Paula María García Seoane nunha (1) praza de Auxiliar de Biblioteca, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 246 do 28 de decembro de 2023.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento da persoa interesada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: