Convocatoria para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a
O Concello de Carballo fai públicas as bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a (grupo C, subgrupo C1).
O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP). Polo tanto, o prazo de presentación de instancias empezaá o 27/09/2023 e rematará o 03/10/2023, incluído.
Publicación bases. BOP núm. 184 de 26/09/2023
Aprobación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a (grupo C, subgrupo C1). As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán de un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de edictos e anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da listaxe de admitidos.
Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a (grupo C, subgrupo C1). Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos da fase de concurso que terá lugar o martes 14 de novembro do 2023 ás 10.00 horas naSala de Xuntas sita na 2ª planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Resultados provisionais da fase de concurso. Os aspirantes, consonte ao previsto na base 10, poderán presentar reclamacións ou alegacións contra da referida valoración no prazo de TRES DÍAS HÁBILES, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio.
Rematada a resolución das alegacións a valoración dos méritos presentadas, tendo en conta que a resolución motivada de cada alegación efectuarase mediante notificación individualizada a cada un dos aspirantes que as teñen presentado, os resultados definitivos realizadas as modificacións oportunas das valoracións de méritos son os indicados no documento adxunto.
O tribunal acorda convocar aos aspirantes para a realización do primeiro exercicio, proba tipo TEST, o vindeiro LUNS 4 DE DECEMBRO ás 12.30 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).
7 decembro 2023
Publicación da relación de respostas correctas ás preguntas formuladas: ANEXO I.
Publicación dos resultados do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición: ANEXO II.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas, no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo. Polo tanto, o prazo de alegacións será desde o DÍA 11/12/2023 ata o DÍA 13/12/2023, ÍNCLUIDOS.
A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados ao primeiro exercicio, proba tipo test, realizarase en sesión pública o vindeiro xoves 14 DE DECEMBRO ás 12.00 horas noSalón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convócase aos aspirantes para a realización do segundo exercicio, proba práctica, da fase de oposición o vindeiro 18 DE DECEMBRO as 12.00 horas no EDIFICIO FÓRUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).
15 decembro 2023
Rematada a resolución das alegacións a valoración do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición presentadas, tendo en conta que a resolución motivada de cada alegación efectuarase mediante notificación individualizada a cada un dos aspirantes que as teñen presentado, os resultados definitivos realizadas as modificacións oportunas das valoracións do primeiro exercicio son os indicados no documento adxunto.
Lémbrase ás persoas aspirantes que foron convocadas para a realización do segundo exercicio, proba práctica, da fase de oposición o vindeiro LUNS18 de decembro as 12.00 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).
22 decembro 2023
De acordo coa valoración asignada polos membros do tribunal selectivo, os resultados do segundo exercicio, proba práctica, da fase de oposición son os que de seguido se indican no ANEXO.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas a este segundo exercicio, proba práctica, no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.
Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións empezará o DÍA 26/12/2023 e rematará o DÍA 28/12/2023, INCLUÍDO.
Rematado o prazo antedito, publicarase anuncio da data e lugar da sesión pública de apertura dos sobres identificativos.
16 xaneiro 2024
Rematada a resolución das alegacións á valoración do segundo exercicio, proba práctica, da fase de oposición presentadas, tendo en conta que a resolución motivada de cada alegación efectuarase mediante notificación individualizada a cada un dos aspirantes que as teñen presentado, tendo en conta que a puntuación e a orde de cualificación definitiva dos aspirantes veñen determinadas pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición, á que se engade a puntuación obtida na fase de concurso, o tribunal realiza a RELACIÓN DE APROBADOS POR ORDE DE PUNTUACIÓN, e elevará á Alcaldía a proposta de aprobación da listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a segundo ao indicado no documento adxunto.
30 xaneiro 2024
Publicación da Resolución da Alcaldía da aprobación da creación dunha listaxe para a cobertura temporal de prazas de Administrativo/a (Grupo C, Subgrupo C1), da escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, como persoal funcionario interino, nos supostos regulados no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e no artigo 23.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.De acordo coa Base 13ª (Aprobación da listaxe) das bases reguladoras da convocatoria, no prazo de tres (3) días hábiles, a contar dende o seguinte da publicación da listaxe no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, as persoas aspirantes poderán emendar os defectos ou erros materiais que aprecien nela. Polo que o prazo de emendas será desde o día 31/01/2024 ata o día 02/02/2024, ambos incluídos.
Descargas
- BASES DA CONVOCATORIA
- Publicación bases. BOP núm. 184 de 26/09/2023
- Modelo de solicitude
- Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as (06/11/2023)
- Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as (10/11/2023)
- Resultados provisionais da fase de concurso (21/11/2023)
- Resultados definitivos da fase de concurso (28/11/2023)
- Anexos I e II
- Resolución alegacións primeiro exercicio
- Valoración provisional segundo execicio
- Resultados definitivos
- Publicación da listaxe