Proceso selectivo de promoción interna: oficial de mantemento de obras
Listaxe definitiva de admitidos/as e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda de promoción interna, da vacante de oficial mantemento de obras (C2) incluída na OEP Ordinaria de 2022 do Concello de Carballo, mediante o sistema de concurso – oposición.
Convocase aos aspirantes admitidos/as para a celebración dos exercicios da fase de oposición que terá lugar o luns 26 de xuño de 2023, no almacén da Brigada de Obras, sito na Avda. Revolta, Carballo.
- Primeiro exercicio, exercicio teórico – práctico: ás 11:30 horas.
- Segundo exercicio, proba específica de coñecemento da lingua galega: ás 14:00 horas.
No BOP núm. 135 de 17/07/2023 publícase o nomeamento como funcionario de carreira na praza de oficial de mantemento de obras. A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento do interesado no Diario Oficial de Galicia.