Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de praza de técnico/a de...

Convocatoria de praza de técnico/a de educación familiar, dentro do proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Carballo

Publicación da modificación das bases xerais e bases específicas dos procesos selectivos a desenvolver polos sistemas de concurso e concurso-oposición correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do concello de carballo incluídas na oferta de emprego público de 2022, no que se refire ás condicións de admisión dos/as aspirantes á praza de técnico/a de educación familiar. (Expte. 2022/E001/000032)

Publicación bases. BOP núm. 101 de 30/05/2023

Publicación Anuncio nova convocatoria. BOE núm. 139 de 12/06/2023 

Apertura dun novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da nova convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), trala publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) desta modificación. Polo tanto, o novo prazo de presentación de instancias rematará o dia 10/07/2023, incluído.

Este novo prazo de presentación de instancias unicamente se abre para aquelas persoas que estean en posesión das titulacións de Diplomado/a ou Graduado/a en Educación Social.

Non obstante ao anterior e á apertura dun novo prazo de presentación de instancias, os méritos valoraranse con referencia ao 16 de xaneiro de 2023, data na que rematou o prazo inicial de presentación de instancias aberto trala publicación do anuncio da convocatoria no BOE do 16 de decembro de 2022.

Os/as aspirantes que teñan presentado solicitude de participación dentro do prazo inicial de presentación de instancias, aberto coa publicación no BOE do 16/12/2022 do anuncio da convocatoria, non precisan reiterar a instancia, salvo renuncia expresa.

Descargas

Compartir: