Presentación
O Concello de Carballo recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e mellora da calidade de vida do cidadán e como favorecedor da cohesión social. Dende o Servizo Municipal de Deportes xestiónase esta área co fin de posibilitar o dereito de toda a cidadanía a coñecer e practicar actividade físicodeportiva axeitada aos seus intereses e características individuais.
Carballo Deporte desenvolve un modelo deportivo baseado nos seguintes principios:
- Compatibilidade das tres manifestacións do deporte:
- Deporte recreativo de ocio e saúde.
- Deporte escolar.
- Deporte competitivo.
- Colaboración entre o Concello e o asociacionismo deportivo como piar básico para acadar un sistema deportivo participativo, amplo e diversificado.
- Calidade, entendida como a práctica físico deportiva en condicións de saúde e seguridade en base á cualificación dos profesionais que a dirixen e ao axeitado estado dos espazos, equipamentos e instalacións deportivas.